Dunha ollada

Último lanzamento

Que venga

Temas relevantes

Traxectoria

Nubenegra é unha artista de hip-hop da A Coruña, Galicia. Iniciou a súa carreira musical en 2016, gravando nos estudos de Coke Céspedes, máis coñecido como ElPutoCoke. En 2018 publicou o seu primeiro traballo na plataforma HHgroups, El Caballo Rojo, dando comezo con isto a unha carreira marcada pola experimentación e a mestura de estilos. Co paso dos anos, a artista puido explorar diferentes sons e atopar unha voz propia que se caracteriza pola mestura de idiomas (castelán e galego) e de estilos, como o Jersey-club, o Drill, o Funk Carioca, New-NewYork, reggaetón ou o máis experimental Hardbass. Con case 600.000 reproducións dos seus temas en YouTube e 30.000 streams en Spotify, Nubenegra consolidouse como unha voz emerxente dentro da escena musical galega disposta a seguir medrando rapidamente.

Algúns momentos importantes

HHGroups e El Caballo Rojo

En 2018, Nubenegra publicou o seu primeiro EP na plataforma especializada HHgroups, El caballo rojo, un EP de 7 cancións gravado en dous días e producido por ElPutoCoke, que na súa primeira semana acadou o número un na plataforma.

O proxecto superou as miles de descargas e supuxo a súa primeira toma de contacto co público sendo aínda adolescente, destacando por un estilo centrado na métrica e no xogo de palabras.

Akobra

En 2024, publicou o seu primeiro tema en galego, Akobra, que recibiu unha excelente acollida con preto de 100.000 reproducións en YouTube e 25.000 streams en Spotify. Isto permitiulle medrar e expandir o seu público e abriulle a posibilidade de participar no CeibaRimas 2024.

Ceibarimas

Mentres preparaba o lanzamento do seu disco Nº25, Nube participou no CeibaRimas 2024, o único proxecto de freestyle en galego, facendo historia ao converterse na primeira muller en participar na competición desde a súa creación.

Da súa participación xurdiu o tema Raiña Da Xungla, tras gañar o premio do público, que incluía a gravación dun sinxelo e videoclip. O tema, producido por MisterMyr, converteuse nun dos máis destacados da súa carreira e foi incluído posteriormente no álbum pola súa relevancia.

Na edición de CeibaRimas 2025, a artista presentou o tema en directo dentro do evento principal do freestyle galego, organizado por Agalega.

O directo pode verse na ligazón inferior a partir do minuto 1.

Discografía

EP gravado, mesturado e masterizado por Coke Céspedes, realizado no verán de 2017 con sete cortes que conforman un traballo con dúas vertentes: a máis crítica, con temas como Blackcloud ou La Favorita, e outra máis intimista, como Aún Puedo Sentir ou Chris.

Álbum bilingüe que navega entre diferentes subxéneros do rap (clásico, detroit, trap, etc.), que explora unha procura vital marcada pola inquietude persoal e a sensación de marxinalidade e exclusión social. O proxecto nace como ferramenta de catarse e como refuxio espiritual. En palabras da propia artista: “é unha viaxe entre o que queremos ser cando o mundo nos berra que non somos ninguén e o que realmente somos, unha viaxe de dor e de soños, pero, sobre todo, de esperanza”.

Nube atópase traballando nos seus dous próximos proxectos: un en castelán con ElPutoCoke na produción e outro en galego con MisterMyr. Con eles pretende explorar novos sons dentro do hip-hop e presentar dúas obras que consoliden unha perfecta simbiose entre a lírica e a musicalidade, destacando a súa madurez musical. Varios sinxelos xa se poden escoitar como adiantos en Spotify.

Playlist

para escuchar a Nubenegra

Playlist de InspiringNiñas

Playlist de SheGotBars

Playlist de HipHopVox

Algunhas recensións

Notas de prensa

La Voz de Galicia

Pola gravación do videoclip da súa canción Fría incluída no álbum N.º25.

Faro de Vigo

Ana López

Móvese nun mundo moi masculinizado, pero ela o tivo claro dende nena e o seu co rap foi un auténtico frechazo. Andrea Argibay Cancelo, coñecida no eido musical como «Nube Negra»...

Nós Diario

Laura Veiga

--Como comezou a interesarse polo rap?

Sempre tiven moitas ganas de facer música e de expresarme. O rap dábame moito espazo para escribir e comecei cun dos meus rapeiros favoritos, Coke, de Vigo ...

Reseña en Mondo Sonoro Noroeste

RAP / “Nº25” es un álbum que entiende el rap más allá de la memoria y el refugio. La artista coruñesa recorre una amplia variedad de subgéneros de la escena –del clásico al detroit o al trap– para narrar una vida marcada por el des- ahucio y la exclusión social. El disco también se revuelve, con naturalidad, en la tradición gallega, como en “Akobra” o “Teño un mal”, en donde gaita y panderetas dialogan incluso con ritmos cariocas. En estas canciones hay dolor y hay sueños, pero sobre todo una esperanza obstinada: la voluntad de corregirle la jugada al crupier que repartió las cartas de nuestra vida.

Noel turbulencias 

Conéctate con Nubenegra

Redes sociais